Rendemos homenaxe a Vigo e á súa historia cunha camiseta de edición especial con motivo da Reconquista. Inspirada no himno “Oliveira Dos Cen Anos”, esta peza única recolle no seu deseño o orgullo e a identidade que une ao noso club coa nosa afección, a nosa cidade e os nosos símbolos.
O vindeiro luns, no partido oficial de liga fronte á UD Las Palmas, o noso equipo lucirá por primeira vez este equipamento especial. O característico celeste cede protagonismo por un día a unha camiseta que, baseada no imaxinario de nosa ‘Oliveira Dos Cen Anos’, recolle símbolos vinculados a Vigo. No peito, a camiseta loce o escudo creado para o noso himno, unha creación simbólica que integra o escudo do Celta, a oliveira coas súas “raíces de prata” e o castelo de San Sebastián. Nas costas, ondea a bandeira de Vigo, e no interior da camiseta escóndese o verso “Na ledicia son celeste, celtista no padecer”.
O escudo, os dorsais, o logo de Estrella Galicia en monocolor e os chevrones de Hummel preséntanse na camiseta cun elegante acabado aterciopelado. Para os dorsais, ademais, creamos unha tipografía exclusiva, desenvolta especialmente a partir das formas e a estética do propio himno. Tamén desenvolvemos unha versión para porteiro, que segue a mesma liña estética e emocional.
O deseño foi froito do traballo conxunto entre o club e Hummel, baixo a dirección creativa do equipo de Late Checkout, que xa participou na creación do vestiario do videoclip do himno dirixido por Antón Álvarez (C. Tangana). O lanzamento desta camiseta apóiase ademais nunha campaña visual a cargo do fotógrafo Javier Ruiz.
Esta edición especial, que se entrega cunha embalaxe especial, sae á venda o vindeiro luns 31 de marzo cunha primeira tirada de 1.809 unidades, en referencia ao ano da Reconquista de Vigo polos nosos cidadáns ante o exército napoleónico. Poderá adquirirse nas tendas de Abanca Balaídos e A Sede e a través desta web a partir do luns, unha nova plataforma do noso club concibida para acoller proxectos e iniciativas vinculados á historia, a creatividade e a esencia cultural do RC Celta.