A túa cesta

A túa cesta está baleira.

La playlist de Borja

A playlist de Borja

“A función da música é explicar o que as palabras non poden dicir” – Ennio Morricone.

Facer unha playlist non é exercicio baladí. Para quen é?, onde soará?, que emocións provocará? Todas estas, e moitas máis, son as preguntas que calquera melómano faise (ou debería) cando se enfronta á misión de elixir unha selección de temas musicais.

Non nos cabe a menor dúbida de que a Borja Iglesias, amante da música e a cultura, pasáronselle pola cabeza máis dunha (e dúas) destas cuestións cando recibiu o encargo de crear a primeira playlist de RIO1923.

O de Compostela asumiu o reto con ilusión e entusiasmo, pero tamén suma responsabilidade. O resultado? Unha viaxe musical a través de dez cancións que plasman á perfección o espírito do noso proxecto: Galicia e o mundo. Tradición e modernidade. Pasado e presente. Futuro.

Primeira parada, “Jailhouse Rock”. Destino, “Crazy in Love”.

Comezamos. Vés?