A túa cesta

A túa cesta está baleira.

O Celta volve á Europa League nove tempadas despois da súa última participación e faio co orgullo de representar a Galicia e á súa xente por todo o continente. Un motivo de celebración que nos fai botar a vista atrás para lembrar a todos os galegos e galegas que, sobre todo durante a segunda metade do século XX, tiveron que saír a Europa pero por outro motivo. 

Calcúlase que unhas 500.000 persoas partiron desde Galicia cara a países como Francia, Suíza ou Alemaña coa única idea de construír un futuro mellor para os seus. Este carácter loitador é parte do noso carácter como club, moitas veces resumido na nosa famosa Afouteza.

Lanzamos unha homenaxe musical para lembrar a todos os galegos que tiveron que abandonar a nosa terra en destinos afastados como América ou, máis próximos como Europa pero asumindo unha importante brecha cultural e idiomática.

Esta homenaxe convértese, baixo o paraugas de Río 1923 nunha colaboración musical entre o Celta e Hard GZ. “Voltarei” é un recoñecemento a eses galegos que mantiveron na distancia esa esperanza de regresar ao fogar. 

Unha composición enérxica, que achega estas historias ás novas xeracións para que nunca se esquezan, a través dos nosos sons máis autóctonos. “Voltarei” é tamén un videoclip onde a nosa paisaxe e sentimento de pertenza fusiónanse para contar esta historia que termina creando unha oda á identidade.

Camiseta Branca Voltarei Hard GZ

Prezo regular €30,00
Prezo unitario
Por 
Envío calculado na compra.